Un programa de mentores para emprendedores retornados
Apoio e acompañamento as persoas galegas retornadas no desenvolvemento dos seus negocios ou actividade profesional.
Apoio e acompañamento as persoas galegas retornadas no desenvolvemento dos seus negocios ou actividade profesional.
Subvenciona:
Apoiar e acompañar a galegos e galegas retornados no desenvolvemento dos seus negocios ou actividade profesional, favorecendo a súa integración social e empresarial na Comunidade Autónoma de Galicia e impulsando a súa consolidación e crecemento.
Os mentores e mentoras traballarán , mediante a transferencia da súa experiencia e coñecementos, coa persoa galega retornada mentorizada, contribuíndo así ao seu crecemento profesional e persoal, mais non interferindo na toma de decisións. As persoas participantes seleccionarán as áreas de apoio nas que queren traballar.
Asistirá a un obradoiro de formación de 4 horas para coñecer o proceso do mentoría e os seus protocolos de actuación.
Terá, cando menos, un mentor ou mentora (“proceso de matching”) asignados en función das características indicadas na súa ficha de inscrición.
Asinará, de forma conxunta coas persoas que actúen de mentoras e de mentoring mánager, un “Acordo de Mentoring” no que expresan o seu compromiso de alcanzar, salvo imprevistos sobrevidos xustificados, un mínimo de 6 reunións.
Cada matching celebrará un mínimo dunha reunión mensual, cunha duración máxima estimada de 2 horas, durante un período mínimo de 3 meses e máximo de 8 meses, celebrándose a lo menos 6 reunións en calquera dos casos.
Poderá solicitar “mentorías de apoio”, con foco nalgunha área na que a súa relación de mentoring non alcanza.
Pechará o “matching” e participará na análise dos obxectivos acadados, contestando ás enquisas que reciban dende o correo merlo@fundacionronsel.org.
Participará nas actividades de networking, xa sexan presenciais ou virtuais, que organice a Fundación Ronsel no marco do programa.
Apoio e acompañamento as persoas galegas retornadas no desenvolvemento dos seus negocios ou actividade profesional, favorecendo a súa integración social e empresarial na Comunidade Autónoma de Galicia e impulsando a súa consolidación e crecemento.
Subvenciona:
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento destas tecnoloxías permitiranos procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas características e funcións.